Ano de publicación:
2020
Gillanders, C., & Casal De La Fuente, L. (2020). Enhancing mathematical thinking in early childhood through music. Pedagogies, 15 (1), 60-79. https://doi.org/10.1080/1554480X.2019.1673167
Neste artigo revisamos o impacto que ten o deseño e implementación dun programa intensivo que explora conceptos matemáticos a través da voz e do movemento, para completar o traballo previo realizado na área troncal das matemáticas na educación infantil. Un extenso corpo de investigación relacionado cos resultados non musicais e os beneficios da educación musical no rendemento académico, indica o impacto positivo que teñen as actividades artísticas nas esferas persoal, cognitiva e académica. Este tipo de enfoque ilustra unha forma de traballo entrelazada que estimula o aprendizaxe experimental a través do movemento e do canto que mellora a aprendizaxe do contido en diferentes áreas do plan de estudos. Mediante un estudo de caso nunha escola rural dun só salón recompiláronse datos en profundidade de múltiples fontes de información (observación participante, videograbacións, fotografías, entrevistas e notas de campo), o que permitiu analizar o grao de aceptación e as actividades de utilidade que relaciónanse ca música e as matemáticas teñen na educación infantil. A investigación suxire co uso creativo de diferentes materiais en actividades experimentais atractivas pode axudar a mellorar o pensamento matemático na primeira infancia.