Ano de publicación:
2020
Mociño González, I., & Roig-Rechou, B. (2020). Ler os clásicos: Alicia en lingua galega. Elos: Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, (7), 175-192. https://doi.org/10.15304/elos.7.7110
Neste traballo faise un percorrido polas traducións, versións e adaptacións que, dende a década dos anos oitenta e ata a actualidade, se fixeron á lingua galega da obra de Lewis Carroll, Alice’s Adventures in Wonderland. Despois dun breve repaso aos condicionamentos socio-político-culturais que sufriu o sistema literario infantil e xuvenil galego, explícanse algunhas das principais vías seguidas pola tradución á lingua galega, con especial atención ao tratamento dos clásicos universais. Por último, revísase con máis detalle as características das edicións publicadas en lingua galega deste clásico universal.