Na actualidade é Profesora-Investigadora “AD HONOREM” na Universidade de Santiago de Compostela. Centro de Investigación: Instituto de Ciencias da Educación. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) onde participa nos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», neste último sitúase a Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que preside. Pertence ao Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Vicepresidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e presidenta de ELOS-Galicia. Dirixe “Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil” que forma parte do portal de Revistas online da Universidade de Santiago de Compostela e pertence a varios comités científicos de revistas literarias e de Consellos editoriais de diferentes monografías sobre a materia de investigación. Participou en Congresos, cursos seminarios e publicou en libros e revistas sobre os temas de investigación nos que traballou como refléxase no currículo.