Ano de publicación:
2020
Editorial:
UMinho Editora
ISBN:
978-989-8974-20-4
Roig Rechou, B.A., & Cortizas Varela, O. (2020). Babar e os elefantes. Dos orixinais ás adaptacións. En Silva, S.R.R.da. (coord.) (2020), Clássicos da Literatura infantojuvenil em forma(to) de livro-objeto (pp. 89-101). Braga: UMinho Editora. https://doi.org/10.21814/uminho.ed.13
Comézase con referencias, moi xerais, sobre o que se entende por memoria, imaxinarios, libros infantís, Literatura Infantil e Xuvenil e lectura, unha bagaxe que se considera precisa para, despois, abordar o comentario, desde o punto de vista textual e artístico, da Histoire de Babar le petit éléphant, de Jean de Brunhoff. Esta é unha obra clásica por, como se demostra, transpasar os tempos non só na súa arquitectura inicial senón tamén a través de reedicións, versións, traducións, reescrituras, remakes, apropiaciones, adaptacións a múltiples linguas, medios e culturas, cinema, audiovisuais en xeral e aos interplanetarios desde a nube globoesférica (internet e redes sociais), algúns máis volátiles posiblemente debido ao pouco tempo que deixan para asimilalos.