Resumo
Esta investigación aborda as características das boas prácticas na educación vocal e do canto na infancia, en resposta a reclamacións provenientes de institucións como o Consello de Europa ou a UNESCO sobre a necesidade de visibilizar ás boas prácticas educativas. Recorreuse á realización de dous estudos de caso en países con programas nacionais de canto: Arxentina e Inglaterra. Tres áreas de traballo foron identificadas: Corpo e Mente, Fonación, e Repertorio. Estudadas as singularidades das docentes indicadas como seren exemplo de boas prácticas a través de xuízo experto, púxose en marcha unha investigación-acción nun colexio en Santiago de Compostela para transferilas e engadir outros elementos co obxectivo de crear un proxecto psicopedagóxico alicerzado nos principios de innovación e equidade: Voces Ledas.