Resumo
O recoñecemento do público xuvenil, como unha franxa de idade diferenciada en relación ca infancia, incidiu na reconfiguración da Literatura Infantil e Xuvenil, polo menos, dende a década de 1960 e de forma progresiva ao longo dos anos. A instauración desa especificación realizouse de varios xeitos: as editoriais, publicando coleccións xuvenís; as institucións convocando concursos literarios con que establecer unha distinción especial para premiar aos mellores libros para os mozos; os estudos académicos, analizando esta produción artística e establecendo cánones e relacións de escritores que son considerados referentes desta produción, etc. O cambio deste escenario, polo tanto, trouxo consigo o recoñecemento dunha literatura específica para os mozos. Tendo en conta a importancia desta nova configuración no campo da literatura escrita para a infancia, a adolescencia e a primeira xuventude, a presente investigación ten como obxectivo ofrecer un estudo comparativo entre as literaturas brasileira e galega para estas dúas últimas etapas citadas: adolescencia e primeira xuventude. Para lograr o noso obxectivo, 1) analizaranse os factores que influíron no orixe e desenrolo da produción destinada especialmente para os mozos en ambas literaturas nacionais e 2) analizaranse os elementos de ficción que repítense nas obras seleccionadas. Para a selección deste corpus de ficción consideráronse as obras narrativas xuvenís que recibiron premios literarios de institucións de renome en Brasil e España. Con esta investigación, agardamos contribuír á comprensión das características específicas do subsistema xuvenil brasileiro e galego e tamén establecer unha liña de investigación comparativa entre estes dous territorios.