Ano de publicación:
2019
Trigo Martínez, C. (2019). Cuando llueve NO se moja como los demás. Repensar los espacios comunes de la escuela a través de ArtEducación. Invisibilidades. Revista Ibero-Americana de pesquisa em Educação, Cultura e Artes, (11). 87-97. DOI 10.24981.16470508.11.12
Esta proposta céntrase nos espazos comúns da escola (patios, espazos de tránsito, zonas verdes…) como ámbitos dende os que xerar proxectos ArtEducativos comunitarios tomando como referencia os valores contemporáneos ca arte reclama. O patio da escola é un dos primeiros espazos de socialización. Un espazo común con xente diversa no que os nenos e as nenas pasan moitas horas; onde aprenden a relacionarse cos demais, coñecer outras experiencias; convivir, comprender, compartir (Ciocoletto, 2016). Nel xéranse diferentes situacións e dinámicas de forma simultánea, normalmente baixo a forma xenérica de xogos (Pi i Murugó, 2016). Non é sinxelo. O contexto educativo é complexo: horarios e espazos compartimentados, seguridade, escasos recursos… de modo, co tempo de “patio” considérase a miúdo un tempo de tránsito lonxe de ser concibido coma un espazo de oportunidade de interacción social e aprendizaxe dende o carácter lúdico que ha de ter, máis alá da aula. Precisamos afondar na reflexión acerca do papel que deben ter estes espazos dende unha perspectiva actual da educación e da arte. As escolas que planéanse adaptalos ás novas necesidades vai en aumento e neste cambio intervén a comunidade educativa mais tamén colectivos, arquitectos/as e artistas ou institucións diversas que colaboran no estudo e desenrolo de propostas de intervención para estes espazos. O proxecto “Cuando llueve se moja como los demás. Repensar los patios a través de la ArtEducación”, inscríbese na materia de Educación Plástica e Visual II: Procesos e proxectos artísticos (3o curso, Grao de Mestre/a en Educación Primaria, Universidade de Santiago de Compostela) dende a que propoño ao alumnado: analizar a experiencia vivida nos espazos comúns das escolas como alumnos/as e docentes en prácticas (recordos, dinámicas, tipos de xogos, roles); pensar acerca dos usos e a organización dos espazos comúns das escolas; desenrolar hipóteses sobre as posibilidades de ditos espazos coma ámbitos nos que xerar proxectos comunitarios dende a intervención artística; idear e crear obxectos que recollan as características básicas da intervención; e procurar levar á práctica algunha das propostas. E neste viaxe imos planeando preguntas cas que construímos ideas de forma colectiva; analizamos o xogo como modelo, a educación que queremos, a posibilidade de crear Micro-utopías ou os patios que queremos construír dende premisas coma os proxectos-proceso de aprendizaxe artístico pensados coma instrumentos para axudar a alumnado e profesorado a aprender e a experimentar a arte, a desenrolar a súa autoeducación artística e incidir na práctica dun modo crítico, no curriculum real, no que ocorre dentro e fora das aulas.