Ano de publicación:
2019
Gillanders, C., Rodríguez-Fernández, J., & Eirín-Nemiña, R. (2019). Impacto del uso de materiales audiovisuales para el aprendizaje de danzas y bailes tradicionales en la formación de estudiantes universitarios. Revista Latinoamericana De Tecnología Educativa – RELATEC, 18 (2). https://doi.org/10.17398/1695-288X.18.2.101
O propósito deste artigo é o de coñecer o impacto do emprego de materiais audiovisuais para o aprendizaxe de danzas e bailes tradicionais na formación inicial dos futuros mestres de educación primaria. Para iso, establécese unha colaboración entre o profesorado das áreas de didáctica da expresión corporal e musical que, xunto co alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, elaboraron unha proposta novidosa a base de píldoras de coñecemento, para o aprendizaxe de danzas e bailes da comunidade autónoma onde viven. Para o estudo do impacto deste material na formación do futuro profesorado, recorreuse a un grupo de discusión con tres estudantes que participaron no seu deseño e gravación, así coma a un cuestionario sobre a pertinencia e utilidade da proposta docente elaborada. Este cuestionario foi respondido polo 48% dos estudantes de segundo curso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria que foron usuarios deste material. Os resultados indican ca maioría dos estudantes empregaron os vídeos e considéraos bastante/moi útiles, valorándoos positivamente. Do mesmo xeito, pode sinalarse co traballo colaborativo entre distintas áreas (expresión corporal e musical, no noso caso), favorece unha maior comprensión do alumnado cara os proxectos interdisciplinarios, ao tempo que promove a adquisición de competencias profesionais.