Ano de publicación:
2018
Editorial:
Agilice Digital
ISBN:
978-84-16178-83-4
Calviño-Santos, G., & Vidal Ruiz de Velasco, A.M. (2018). Publicación digital: “antología sobre conflictos bélicos”. En Álvarez Ramos, E., & Blasco Pascual, F.J. (coord.), Humanidades digitales: Retos, recursos y nuevas propuestas (pp. 259-260). Valladolid: Agilice Digital. https://uvadoc.uva.es/handle/10324/32002
Neste texto os autores explican as fases do proceso de creación da publicación dixital “Antoloxía sobre conflitos bélicos” (ISBN: 978-84-697-3940-2). Esta publicación enmárcase no proxecto de investigación “Tematología y Métodos. Las guerras en la narrativa juvenil en el Marco Ibérico” (Ministerio de Economía e Competitividade. FFI2013-42702-P) que realizou o grupo de investigación LITER21 ca colaboración do Instituto de Ciencias da Educación, ambos da Universidade de Santiago de Compostela. Como din as autoras da presentación, Eulalia Agrelo e Isabel Mociño, trátase “dunha selección de textos narrativos correspondentes a una cincuentena de obras literarias que recrean na ficción conflitos bélicos de diferentes épocas e cuxos destinatarios potenciais son a infancia e a xuventude”. A selección realizouse por membros da Rede de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI), e ten por obxectivo principal trasladar aos máis pequenos uns coñecementos e valores que concordan cos que aparecen nos deseños curriculares.
Tanto o contido, que organízase en función dos distintos ámbitos lingüísticos do marco ibérico, coma a interface, elaboráronse ca intención de obter unha experiencia de navegación fluída que favoreza a busca e a lectura das biografías dos autores, a sinopse e os fragmentos dos libros seleccionados. As imaxes e a maquetación forman parte integral dun deseño que pretende ser funcional e elegante. Esta publicación pode consultarse actualmente en http://elos.es/antoloxia/index.html e atópase pendente de traducirse á lingua galega para ser aloxada na web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.