Ano de publicación:
2017
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-291-1
Franco-Vázquez, C., & Trigo Martínez, C. (2017). Os contos árabes nas orixes do cinema occidental: a luz de Lotte Reiniger que emerxe das sombras. En Roig Rechou, B.A., Soto López, I., & Neira-Rodríguez, M. (coord.), Representacións do mundo árabe na LIX (pp. 463-475). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Despois de comentar a influencia dos contos orientais en Europa, céntrase na pegada destes no cinema europeo. Detense moi especialmente no traballo de Charlotte Reiniger, unha cineasta que xogou un papel clave na historia do cinema alemán de vangarda e enfeitizou a relación entre cinema e literatura coa súa capacidade de emocionar a través da poesía das siluetas, e, moi especialmente na película de animación Die Abenteuer des Prinzen Achmed [As aventuras do príncipe Achmed].