Ano de publicación:
2022
Eirín Nemiña, R., Gillanders, C., Leone, V., & Trigo, C. (2022). Expanding learning environments in initial teacher education. Pedagogies: An International Journal, 1-17. https://doi.org/10.1080/1554480X.2022.2065995
O desenvolvemento dunha cultura de colaboración na profesión docente é un reto que debería abordarse na formación inicial do profesorado. A participación nun programa europeo que conecta diferentes institucións educativas permitiu aos estudantes de maxisterio explorar un entorno de aprendizaxe creado para potenciar o uso da tecnoloxía, as linguas estranxeiras e as metodoloxías innovadoras. Estudantes de maxisterio de dous países, Italia e España, utilizaron recursos dixitais para colaborar e deseñar un proxecto para nenos de infantil e primaria. A través dun estudo cualitativo analizouse o impacto da participación nunha rede de profesorado e ás accións que deben levarse a cabo para ter en conta as ecoloxías do aprendizaxe na ensinanza universitaria. Neste estudo de caso amósanse as voces e percepcións de todos os participantes destacando a idoneidade, oportunidades e retos da participación nunha rede de colaboración docente na formación inicial do profesorado. O impacto positivo nas prácticas docentes suxire o potencial de ampliar as entornas de aprendizaxe dos estudantes de maxisterio creados pola tecnoloxía dixital.