Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Neira-Rodríguez, M. (2022). «Cocineros de cuentos. Escribir e ilustrar para el fomento de la creatividad». En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 147-159). Barcelona: Editorial Graó.
Novas metodoloxías van penetrando lentamente nos diferentes niveis do sistema educativo e gañándolle terreo a prácticas propias da escola tradicional. Unha mostra disto son os proxectos interdisciplinares que, como o seu nome anticipa, implican a diferentes disciplinas e permiten ter en consideración a diversidade, cada vez máis presente nas aulas. Nesta liña sitúase «Cocinando cuento. Escribir e ilustrar para el fomento de la creatividad», proposta realizada durante o curso académico 2021-2022 e na que implicouse a tres profesoras de diferentes niveis educativos e tanto a alumnado de educación primaria coma a alumnado universitario, máis concretamente a discentes dos Graos de Mestre/a de Educación Infantil e de Mestre/a de Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.