Invítase a todas as persoas interesadas en participar a que envíen un resumo da súa proposta de comunicación antes do 23 de setembro para a matrícula a prezo reducido ou antes do 30 de outubro para a segunda matrícula ao seguinte correo cideal.liter21@gmail.com e co seguinte formato:
23 DE SETEMBRO 2022: Último día de aceptación de comunicacións para a matrícula a prezo reducido.
30 DE SETEMBRO2022: Último día para o pagamento da matrícula a prezo reducido.
01 AO 30 DE OUTUBRO 2022: Segundo prazo de matrícula.
20 DE OUTUBRO 2022: Último día para a aceptación de comunicacións da segunda matrícula.
30 DE OUTUBRO 2022: Último día para o pagamento da segunda matrícula.
Modalidade | Até o 30 de setembro | Dende o 1 de outubro |
Estudantado | 80 € | 100 € |
Outras persoas participantes | 150 € | 180 € |
Persoas asistentes que desexen certificado de asistencia | 25 € | 30 € |
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-8018-2347
(Universidade de Sevilla)
Profesor Titular da Universidade de Sevilla. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Sevilla (1999) e doutor pola Universidade Nacional de Educación a Distancia UNED (2017) no campo da educación e a comunicación en contornas dixitais. Os seus principais intereses docentes e investigadores céntranse na educación artística situada na intersección das artes e da cultura audiovisual e dixital, utilizando un enfoque pedagóxico crítico orientado á transformación social. Editor xefe da revista científica Communiars, director do grupo de investigación Educación e Cultura Audiovisual (http://grupos.us.es/ecav/) e coordinador de proxectos de cooperación internacional como “Educación Artística y Desarrollo Humano” (2015-2018), India, e “Artes, cultura y educación para el desarrollo” (2019) en Grecia. Publicacións recentes destacadas: coordinador e autor nos libros Lo que no se ve no existe. Artes, imagen y educación para el desarrollo (2019) y La Otra educación. Pedagogías Críticas para el siglo XXI (2018), e dos artigos: “Art Education and Development Cooperation: A Project in Educational Centres for Children with Special Needs in India” (iJADE, 2021), e “Territorios de la Mirada. Inclusión, Educación y Artes con la Comunidad Refugiada en Grecia” (RIEJS, 2021). Finalmente, cabe destaca o seu traballo audiovisual en documentais como Contramarea (2016) ou En el otro lado (2020).
ORCID: http://orcid.org/0000-0001-9976-5940
(Universitat de València)
Catedrática da Universitat de València (España). Imparte docencia no Departament de Filologia Catalana e a súa investigación na ERI-Lectura. Ten catro sexenios de investigación e de transferencia da investigación. Está especializada en lectura, promoción da lectura, biblioteca escolar e literatura infantil e xuvenil.
Máis información en http://www.gemmalluch.com/
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-9991-7876
(Universidade de Xaén)
Profesora Titular de Universidade na Universidade de Xaén dende 2019 con 2 sexenios de investigación (2008-2013 e 2014-2019). Entre 1991 e 2008 foi profesora de Conservatorio (por oposición dende 1993).
Publicou en prestixiosas revistas nacionais e internacionais sobre arte (Storia dell’Arte. Iconographica, Music in Art. International Journal for Music Iconography etc.) e sobre ensinanza e educación musical (Educational Review, International Journal of Music Education, Musica Hodie, Teoría de la Educación Revista Interuniversitaria etc.). Publicou en prestixiosas editorias como Síntesis, Peter Lang, Eufonía, Grao, Universidade de Porto o Universidad Antonio Nariño (Colombia). Coordina a serie Estudios Musicográficos dentro da colección Arte y Humanidades do Servixo de Publicacións da Universidade de Xaén.
Comisionou diversas exposicións de arte, colabora como revisora en diferentes revistas nacionais e estranxeiras e é avaliadora de Porxectos de innovación Docente de universidades andaluzas da DEVA (Axencia Andaluza co Coñecemento, Xunta de Andalucía). Dirixiu 4 teses doutorais e actualmente supervisa 4 máis. Conta cunha dilatada experiencia en xestión como coordinadora de dous mestrados oficiais (60 créditos, Universidade de Xaén) e actualmente como Directora de Proxección da Cultura no Vicerreitorado de proxección da Cultura e Deportes da Universidade de Xaén.
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-0124-7377
(Associação de Professores de Expressão e Comunicação Visual – APECV)
Artista visual e profesora de artes visuais na ensinanza secundaria. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Porto e rematou a súa tese doutoral sobre a avaliación nas artes visuais na Universidade de Surrey-Roehampton en 2004. Actualmente traballa na Associação de Professores de Expressão e Comunicação Visual – APECV, onde coordina o Grupo de Investigación sobre Arte, Comunidade e Educación (GriArCE). Colabora co Centro de Investigación en Artes e Comunicación (CIAC) da Universidade do Algarve. As súas áreas de interese son a investigación-acción participativa, a educación artística, o artivismo, a arte participativa e a ecocidadanía feminista. Editou varios libros e escribiu varios artigos en revistas internacionais sobre educación artística. É co-editora da revista Invisibilidades e da Revista Portuguesa de Educação Artística. Foi presidenta da Sociedade Internacional para a Educación a través da Arte-InSEA entre 2014 e 2019.
ORCID: https://orcid.org/0000-0003-4636-4320
(Universidad de Santiago de Compostela)
María J. Caamaño Rojo é Profesora Contratada Doutora na área de Didáctica da lingua e da literatura da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Filoloxía Hispánica, cunha tese realizada dentro do Grupo de Investigación Calderón de la Barca (GIC), o seu ámbito de especialización centrouse na edición crítica de textos literarios e no teatro español do Século de Ouro. Nos últimos anos ampliou estas liñas de investigación cara o ámbito da didáctica da literatura, fundamentalmente no relacionado ca expresión dramática. Publicou monografías, artigos en revistas especializadas, capítulos de libro e recensións sobre os temas sinalados.
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-4166-5434
(Centro Universitario Cardenal Cisneros – Universidad de Alcalá de Henares)
Doutor en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto da Estética da Universidade Autónoma de Madrid. Profesor Titular no Centro Universitario Cardeal Cisneros, adscrito á Universidade de Alcalá, no que imparte materias da área de Didáctica da Expresión Plástica nos Graos de Educación Infantil e de Educación Primaria.
Ademais da súa docencia nas titulacións de grao, impartiu cursos de doutoramento, así como numerosos cursos de formación permanente do profesorado para mestres de infantil, primaria e secundaria sobre a didáctica das artes plásticas e visuais. As súas publicacións e liñas de investigación teñen que ver coa formación inicial do profesorado en educación artística, a didáctica do patrimonio, a arte pública, os procesos colaborativos de creación e a arte comunitaria. Director do proxecto Diálogos Creativos, que promove e deseña propostas de colaboración entre artistas, centros educativos e a universidade. Dirixe a revista de investigación educativa: Pulso. Revista de Educación, editada polo Centro Universitario Cardeal Cisneros.
Dra. Carmen Franco-Vázquez
Dra. Blanca-Ana Roig Rechou
Carol Gillanders
Marta Neira-Rodríguez
Guillermo Calviño-Santos
Javier Cabo Villaverde
Alba Calo Blanco
Salvador Cidrás Robles
Olalla Cortizas Varela
Estella L. Freire Pérez
Rocío García Pedreira
Amalia Guerrero Rocha
Juan Luis Lorenzo Otero
Augusto Moretti Barros
Laura Tojeiro Pérez
Cristina Trigo Martínez
Viaxes Sant Yago
Dra. Eulalia Agrelo Costas (UVigo, España)
Dr. Fernando Azevedo, (Universidade do Minho, Portugal)
Dr. Vicente Blanco Mosquera (USC, España)
Dr. F.J. Cabo Villaverde (USC, España)
Dr. Guillermo Calviño Santos (USC, España)
Dr. José A. Candisano Mera (USC, España)
Dra. Cristina Cañamares Torrijos (UCLM, España)
Dr. Jõao Ceccantini (UNESP, Brasil)
Dra. Lucía Casal de la Fuente (UVigo, España)
Dra. Rocío Chao-Fernández (UDC, España)
Dr. Salvador Cidrás Robles (USC, España)
Dra. Olalla Cortizas Varela (USC, España)
Dr. Carlos Escaño González (Universidade de Sevilla, España)
Dr. Xabier Etxaniz Erle (UPV, España)
Dra. Carmen Ferreira (UDC, España)
Dra. Carmen Franco Vázquez (USC, España)
Dra. Rocío García Pedreira (USC, España)
Dra. Carol Gillanders (USC, España)
Dr. José António Gomes, (ESE, Instituto Politécnico do Porto, Portugal)
Dra. Laura Guerrero Guadarrama (Universidade Iberoamericana Cidade de México, México)
Dra. Vincenza Leone (Università Cattòlica del Sacro Cuore, Italia)
Dra. Gemma Lluch Crespo (Universitat de Valencia, España)
Dra. Isabel López Cirugeda (UCLM, España)
Dra. M. Paz López-Pelaez Casellas (Universidade de Xaén, España)
Dr. Juan Luis Lorenzo Otero (USC, España)
Dra. Ana Cristina Macedo (ESE, Instituto Politécnico de Porto, Portugal)
Dr. José M. Mesías Lema (UDC, España)
Dra. Isabel Mociño Gonzalez (UVigo, España)
Dra. Marta Neira Rodríguez (USC, España)
Dra. Mª Xesús Nogueira Pereira (USC, España)
Dr. Alfredo Palacios Garrido (EU Cardenal Cisneros, España)
Dr. Eliton Pereira (Instituto Federal de Goiás, Brasil)
Dra. Ana Porto Castro (USC, España)
Dra. Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro, Portugal)
Dra. Sara Reis da Silva (Universidade do Minho, Portugal)
Dr. Armando Requeixo Cuba (USC, España)
Dr. César Sánchez Ortiz (UCLM, España)
Dra. Claudia Sousa Pereira (Universidade de Évora, Portugal)
Dra. Laura Tojeiro Pérez (USC, España)
Dra. Teresa Torres de Eça (APECV, Portugal)
A continuación pódese ver unha serie de imaxes do desenvolvemento do congreso: