Ano de publicación:
2021
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-985-9
G-Pedreira, R. (2021). A “desdramatización” dramática da morte: “A pequena compaña”, de Carlos Labraña. En Neira-Rodríguez, M., Roig Rechou, B.A., & Soto López, M.I. (coord.), A morte e as súas representacións na lix ibérica e iberoamericana (pp. 391-401). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Logo dunha breve presentación dalgúns antecedentes de interese como a estreita relación de Galicia coa morte, o seu tratamento nas obras infantís e as potencialidades educativas do xénero teatral, coméntase a obra A pequena compaña, de Carlos Labraña. Esta peza dramática destaca pola desdramatización do vagar das ánimas perdidas cara á súa salvación, representada a través da viaxe dunha pequena compaña de catro nenos que deben superar distintas probas, nunha carreira contrarreloxo especialmente cómplice co lectorado máis novo mediante a inclusión de grandes doses de maxia, humor e aventuras.