Ano de publicación:
2018
Editorial:
Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)
ISBN:
978-84-697-7024-5
G-Pedreira, R., & Posada Pardo, V. (2018). Coeducación e normalización da homosexualidade a partir da literatura infantil. En Cid Fernández, X.M., Riveiro Olveira, S., Carrera Fernández, M.V., Castro Rodríguez, M.M., Ramos Rodríguez, X., Fernández de Sanmamed Santos, A., Cid Rodríguez, A., Alonso Ruido, P., & Candia Durán, F.X. (dir.), Educación social e escola: análise da última década (2006-2016) (pp. 623-635). A Coruña: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG). http://www.ceesg.gal/gl/publicacion/educacion-social-e-escola-unha-analise-da-ultima-decada-2006-2016
Na sociedade actual seguen presentes vellas pantasmas do pasado que incluso parecen verse máis nítidas cada día. Entre elas, o sexismo e a discriminación das orientacións sexuais que difiren da normalizada heterosexualidade. Neste traballo afondarase na problemática do concepto de identidade aplicado ao xénero e realizarase unha aproximación ao papel que pode e debe interpretar a literatura na tarefa de educar en valores aos máis novos. Tamén se propoñerá unha selección de álbums ilustrados para prelectores sobre os temas introducidos.