Ano de publicación:
2018
G-Pedreira, R. (2018). Propuesta de un modelo de la inteligencia emocional aplicado a la experiencia de la lectura en contexto escolar. Innovación Educativa, (28), 217-232. https://doi.org/10.15304/ie.28.5290
A consideración da dimensión emocional da lectura nas planificacións docentes forma parte dunha das innovacións educativas máis importantes no ámbito da didáctica da lingua e a literatura. Non obstante, aínda é un campo inexplorado e con poucas concrecións teóricas que organicen os aspectos da educación emocional implicados. O presente traballo ofrece unha proposta de modelo mixto da intelixencia emocional aplicado á experiencia da lectura no contexto escolar que explica as fases do proceso de mediación docente e das destrezas das que depende a relación afectiva e efectiva dos axentes emocionais implicados: o mediador, o lector, a obra e o grupo de iguais. No marco teórico realízase unha revisión dos principais modelos de intelixencia emocional propostos por distintos expertos na materia aplicados ao ámbito empresarial e, en menor medida, ao educativo, que parten da revolucionaria teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner (1983) e o concepto de intelixencia emocional de Salovey e Mayer (1990).