Ano de publicación:
2019
Editorial:
UA Editora
ISBN:
978-972-789-622-6
Medeiros, A., & Cortizas, O. (2019). Relações semânticas entre a palavra e a imagem no livro álbum de literatura infantil. En Neto-Mendes, A., & Portugal, G., Educação, culturas e cidadania das crianças: Livro de Atas do IV Seminário Luso-Brasileiro de Educação de Infância & I Congresso Luso-Afro-Brasileiro de Infâncias e Educação (pp. 389-398). Aveiro: UA Editora. https://ria.ua.pt/handle/10773/27138
O obxectivos deste traballo é explicar como as relacións semánticas entre a palabra e a imaxe (Santaella, 2012) contribúen á construción do significado no libro-álbum. O signo verbal e o signo visual representan o mundo de maneira diferente; mentres ca significación da linguaxe verbal é arbitraria, convencional e require dun aprendizaxe sistemático, a linguaxe visual é a que garda máis semellanza e carácter universal co obxecto de referencia (Chance, 2006). Como, dende moi cedo, os nenos son interpelados por mensaxes visuais desde unha idade moi temperá, é preciso ensinarlles a interpretar á imaxe. Sen embargo, segundo Piaget (2003), durante a fase preoperacional, o neno aínda non é totalmente capaz de establecer relacións de carácter analítico-conceptual, aínda que xa son capaces de realizar operacións simbólicas. Para esta análise, selecciónanse albumes de literatura infantil seguindo a súa propia catalogación. O libro-álbum permite ao lector principiante (Coelho, 2000), aínda que non estea alfabetizado, ler/escoitar unha historia e establecer relacións ca parte visual do texto, confirmando ou ampliando as descricións dos personaxes e o relato das súas accións, o que da lugar a unha apropiación progresiva de códigos lingüísticos, visuais, culturais, simbólicos e literarios (Ramos, 2010) e o desenvolvemento da competencia lectora.