O pasado martes 28 de xuño deu comezo o III Encontro-residencia de creadores emerxentes no Pazo de Mariñán. Esta iniciativa forma parte das accións que se realizan ao amparo do convenio asinado entre a Real Academia Galega de Belas Artes, as tres universidades galegas e os dous conservatorios superiores de música de Galicia. Este curso, baixo o lema “Teoría e práctica da luz: lóstrego, brétema, ártabro” os participantes das diferentes institucións compartirán catro días de traballo intenso. Representando á Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) asisten as alumnas Marina Vidal Míguez e Sofía Ramallal Lesta, baixo a supervisión da profesora Carme López Fernández. A xornada de portas abertas é o día Xoves 30 de Xuño ás 21h e poderase gozar de concertos, acciónes e mostras artísticas nunha contorna única. As profesoras Carol Gillanders e Carmen Franco pertencen ao Comité organizador das Xornadas.
A continuación pódese consultar o programa do encontro.