Ano de publicación:
2020
Palacios, M., & Nogueira, M. X. (2020). Otherwhereness and Gender: Mary O’Malley’s “Asylum Road” and Marga do Val’s “A cidade sen roupa ao sol”. Oceánide, (13), 103-110. DOI: https://doi.org/10.37668/oceanide.v13i.46
O presente artigo analiza a poesía de Mary O’Malley e Marga do Val sobre dislocación e emigración, co fin de determinar o dilema de nocións como fogar, pertenza, mobilidade e alteridade por parte do suxeito feminino. A pesar do diferente orixe nacional e cultural das autoras, a historia común da emigración masiva en Galicia e Irlanda permítenos amosar a hipótese de ca poesía contemporánea destas dúas autoras e as súas reflexións sobre a migración son de relevancia recíproca, tal e como apunta a investigación previa sobre a mobilidade de mulleres galegas e irlandesas (Lorenzo-Modia 2016, Acuña 2014). A medida que analízase a poesía de cada autora, identificamos as súas propostas máis significativas e afíns, que permítenos concluír que hai en ambas unha vontade de relacionar o tema da migración ca súa experiencia autobiográfica de mobilidade e que ambas son totalmente conscientes da relación entre os fluxos pasados e presentes de emigración e inmigración.