Ano de publicación:
2019
Gillanders, C., Tizón Díaz, M.A., & Candisano Mera, J.A. (2019). Música y emociones: pautas para su inclusión en la formación inicial del profesorado de infantil y primaria. Hekademos: revista educativa digital, (26), 48-57. https://www.hekademos.com/index.php/hekademos/issue/view/26-junio-2019
Os efectos da música no ser humano foron obxecto de estudo dende as civilizacións antigas. O presente artigo ofrece un breve percorrido a través da historia da música co fin de resaltar algúns aspectos significativos da relación música-emocións. Para os gregos influía na moral e na organización política da sociedade e, en cambio, para os romanos era unha actividade reservada aos escravos. Na Idade Media resaltouse a influenza da música tanto para o ben coma para o mal. A partires da Reforma prodúcense situacións de contraste entre o mundo católico e o protestante. No Barroco e no Clasicismo existiu unha íntima unión entre o discurso musical e a retórica. Xa no Romanticismo o pictórico tomou relevancia e popularizáronse algúns tipos de educación musical. Neste período as emocións e os sentimentos foron o centro da expresión. Por último, no século XX inclúese todo tipo de expresión emocional dende as máis tranquilas até as máis extremas. No seguinte apartado do artigo preséntanse algunhas das variables da linguaxe musical a ter en conta pola súa influenza na emoción percibida. Tamén incluímos as variables presentadas polos investigadores á hora do estudo das percepcións (resposta do tronco encefálico, avaliación condicionante, imaxes visuais, memoria episódica, contaxio emocional, idade, sexo e enculturación, entre outras). Por último, descríbense actividades de audicións activas e sonorizacións que poderían levarse a cabo en diferentes contextos e que contribúen á comprensión e adecuada xestión emocional.