Resumo
Dende unha visión das correntes contemporáneas da educación artística o papel do educador é triplo: artista, investigador e profesor. A a/r/tografía é a fonte de inspiración do taller Walkscapes no cun grupo de adolescentes, sen experiencia previa, desenrola un proxecto fotográfico persoal que terá un epílogo nunha exposición colectiva. Calquera persoa pode sentirse artista si é exposto a unha provocación intelectual axeitada que active a súa creatividade. Os ingredientes que póñense en xogo son a liberdade de elección, a reflexión sobre a identidade, a busca ou creación de ambientes que faciliten a experimentación, a promoción da dúbida e o erro coma motores del proceso, l exposición a referentes diversos, descoñecidos e de calidade contrastada, da fotografía, do cine, a literatura, a música, a filosofía, a ciencia, a ilustración, o deseño… e, sobre todo, a espera.