Resumo
O propósito desta investigación é analizar o desenvolvemento da Educación Musical como campo científico no Brasil, por medio das producións derivadas dos proxectos de investigación doutoral. Realízase unha busca sobre a investigación en Educación Musical a partires de mediados do século XX en fontes de documentación científica. Realízase unha análise das concepcións pedagóxicas, das tendencias musicolóxicas, dos problemas de investigación e dos resultados das investigacións sobre Educación Musical no país. Por fin, establécese o marco actual dos temas e problemáticas de interese da investigación en Educación Musical que pódense constituír en liñas de investigación da área. Como resultado deste Estado da Arte documental foron construídos mapas conceptuais que obxectivan describir o campo da investigación en Educación Musical no Brasil, revelando aspectos orixinais da investigación, coma: Temas, Concepcións, Aportes Teóricos e Metodolóxicos. Este estudo de abordaxe cualitativa foi desenvolvido por mor da análise de contido.