Resumo
Na tese doutoral A escultura como territorio emocional da forma e do espazo. Reflexións sobre o seu proceso de ensinanza e aprendizaxe na Educación Secundaria Obrigatoria, exponse a dobre hipótese de ca posta en práctica de actividades plásticas relacionadas ca escultura durante a Educación Secundaria Obrigatoria resulta practicamente inexistente, e que facer unha maior énfase na realización deste tipo de actividades traería como consecuencia unha mellor e máis completa formación do alumnado. Confirmada dita suposición a través de distintos mecanismos de investigación (observación participativa, enquisas, entrevistas…) formúlase a proposición de que ca aplicación de diversas formas de accións e propostas educativas (creación de texturas, experimentación con diferentes materiais de creación tridimensional, resolución de estruturas…) pódese efectivamente contribuír a mellorar a ensinanza da escultura e as súas relacións con outras materias nos estudantes da ESO. A metodoloxía enmárcase no contexto da investigación cualitativa, notablemente influída polos presupostos da investigación artístico-narrativa, e a Art-based Research.