Ano de publicación:
2014
Pomar Tojo, C., Calviño-Santos, G., & Irimia Nores, A. (2014). El resultado del proyecto qvo: metamorfosis 5. Revista INFAD De Psicología. International Journal of Developmental and Educational Psychology., 5(1), 493–502. https://doi.org/10.17060/ijodaep.2014.n1.v5.711
Se fixámonos en cada unha das artes e tratamos de velas como grandes contedores de disciplinas, comprobaremos co cinema é a máis porosa de todas elas. O cinema posúe unha enorme capacidade para filtrar e asumir -aglutinar- centos e milleiros de disciplinas non só inherentes ao resultado, a película, senón en todas aquelas etapas que interveñen no proceso de creación. Por citar algúns dos exemplos que atópanse só na capa máis superficial de toda produción cinematográfica: Escritura de guión, arquitectura de decorados, deseño de vestiario, debuxo de storyboard, traballo actoral, captación de son directo, operación de cámara, fotografía fixa, deseño gráfico de carteleira, edición de vídeo, masterización e sonorización de audio, composición de banda sonora etc. Profundando máis alá de dita capa superficial o cinema non atopa límites, por exemplo, mestre en armería, especialista en insectos, adestrador de animais, técnico en realidade aumentada e motion capture, deseñador e animador 3D, técnico de efectos especiais, historiador, técnico en pirotecnia, enxeñeiro industrial e incluso enxeñeiro espacial. É por isto que no proxecto QVO, programa de Enriquecemento para nenos e nenas de altas capacidades, decidimos traballar co cinema, dende o cinema e para facer cinema.