Os días 23 e 24 de setembro tiveron lugar na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra as III Xornadas de didáctica das Artes na Galicia de hoxe: Crear para ensinar. Estas enmárcanse dentro do proxecto Interaccións Artísticas en Galicia 2022 organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, o Conservatorio Superior de Música da Coruña, e o Conservatorio Superior de Música de Vigo.
As Xornadas propuxeron un espazo de reflexión arredor das prácticas artísticas e a súa didáctica onde diferentes poñentes e talleristas de distintos ámbitos (arte, música, arquitectura, educación, museo, pedagoxía, investigación) achegáronnos as súas miradas, inquedanzas e propostas cara a transmisión e educación das artes.
O museo e a exposición como recurso didáctico, a educación musical, a formación docente en artes, experiencias de aula… foron algúns dos temas a tratar a través de conferencias, debates e momentos de conversa que se completaron con accións participativas, obradoiros de carácter experimental e música.
As xornadas, un espazo aberto e interdisciplinar, está dirixido a docentes, artistas, formadores/as e persoas interesadas na arte e a educación. As profesoras Carol Gillanders e Carmen Franco pertencen ao Comité organizador das Xornadas, das que pódense ver a continuación unhas imaxes da súa participación:
Tamén, a continuación, pódese consultar o programa do encontro: