O 15 de setembro presentouse na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela, o libro O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), de Álvaro Cunqueiro, en edición de Armando Requeixo, membro do grupo de investigación LITER21.
Neste evento, e acompañando ao editor, tamén estiveron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, César Cunqueiro, fillo do escritor mindoniense, Arantxa Fuentes, profesora da USC e estudosa da obra de Cunqueiro, e Marcos Calveiro, director de Edicións da Editorial Galaxia.
De seguido pode observarse un breve resume do contido do libro:
«Sabida a importancia indiscutible da súa obra e das súas posibilidades estéticas e temáticas, este volume quere reivindicar a produción aparecida en El Pueblo Gallego entre 1932 e 1936, de capital importancia para a configuración e comprensión da obra cunqueiriana como poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, crítico e tradutor, tanto de Pre coma de Posguerra, e, sobre todo, desexa salientar o labor periodístico do mindoniense, tan brillante e rebordante de imaxinación nestes textos coma en calquera dos seus libros.»
A continuación, tamén, poden verse algunhas imaxes da presentación do libro: