Resumo
As concepcións do corpo e da técnica pianística atópanse intimamente relacionadas dunha forma altamente complexa a nivel conceptual, práctico e histórico. A indagación sobre a pedagoxía pianística foi constante dende a existencia do instrumento. A Educación Somática, desenrolada a lo longo do século XX, realizou aportes significativos á pedagoxía artística en xeral e, moi particularmente, á pedagoxía instrumental. Neste traballo revísanse os postulados da pedagoxía pianística e da Educación Somática (Técnica Alexander, Eutonía e Método Feldenkrais), as propostas pedagóxicas para a pedagoxía pianística dende a Educación Somática e a evolución histórica das ensinanzas musicais en España. Na segunda parte, estudiamos a presencia da Educación Somática no plans de estudo e as programacións didácticas dos conservatorios superiores de música, entrevistamos a 11 profesores que exercen a súa labor neles. Tamén entrevistamos a 1 experto e 3 expertise en Educación Somática que traballaron con músicos. Os resultados obtidos sinalan o efecto positivo da Educación Somática na práctica instrumental, a mellora do uso e dispoñibilidade corporal e a necesidade de incluír esta formación nas etapas anteriores ao grado superior. Tamén recolle a variada formación do profesorado ca imparte e as súas implicacións prácticas.