Ano de publicación:
2019
G-Pedreira, R. (2020). A consumación sexual do amor co monstro no conto de fadas moderno The Shape of Water do cineasta Guillermo del Toro. Boletín Galego De Literatura, (55). https://doi.org/10.15304/bgl.55.6278
O mito do amor romántico entre a monstruosidade e o ser humano foi unha constante nas creacións literarias de todos os tempos dende a antigüidade clásica. Nesta nota farase unha breve análise comparativa da consumación sexual deste sentimento na película The Shape of Water (2017), de Guillermo del Toro (México, 1964), con respecto a outras narrativas anteriores, profundando tamén noutros aspectos como os rostros do monstro no filme ou a súa proximidade coa fórmula dos contos de fadas.