Ano de publicación:
2014
Franco-Vázquez, C. (2014). Arte: substantivo, femenino, plural. Iber: Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia, 77, 63-72. https://www.grao.com/es/producto/arte-substantivo-femenino-plural
No presente artigo relátase o desenrolo do proxecto denominado «Arte: substantivo, feminino, plural», levado a cabo por futuras mestras. Por mor de diferentes actividades e utilizando diversas estratexias metacognitivas, conséguese facer visíbel unha parte da historia da arte esquecida: a aportación fundamental de moitas mulleres artistas ao desenrolo da creación artística. O proxecto orientouse a sensibilizar ás persoas que, pola súa condición de mestres en formación, teñen a posibilidade de influír positivamente na educación de xeracións de cativos e cativas en cuestións de xénero. Así mesmo, o manexo de diferentes recursos (Internet, libros de arte, enciclopedias…) permitiron o coñecemento da obra de numerosas artistas.