Ano de publicación:
2019
Editorial:
Universidade de Vigo - Universidade da Coruña - Universidade de Santiago de Compostela
ISBN:
978-84-9749-758-9
Caamaño Rojo, M.J., Gillanders, C., & Domínguez Lloria, S. (2019). Historias vikingas: implementando proxectos interdisciplinares dende a perspectiva de xénero na formación inicial de mestras e mestres. En López Díaz, A.J., Gómez Suárez, A., & Aguayo Lorenzo, E. (ed.lit.), (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 (pp. 303-312). A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo: Universidade de Vigo – Universidade da Coruña – Universidade de Santiago de Compostela. https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/24498
O traballo presenta unha proposta didáctica interdisciplinar dende a perspectiva de xénero realizada no presente curso 2018-2019 co alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Primaria da USC. Consistiu na elaboración e representación dun musical dirixido a alumnado de 1º a 3º curso de Educación Primaria e realizouse coordinadamente dende tres materias obrigatorias cursadas polos mestres e mestras en formación: Música na Educación Primaria, Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas: Lingua e Literatura Castelás e Educación Visual e Plástica I: Contextos e Metodoloxía Artística. A proposta conxugou o traballo interdisciplinar coa perspectiva de xénero, pois o alumnado do Grao debía facer unha indagación sobre o papel da muller na sociedade vikinga, a partir do cal elaborar o fío argumental da obra musical que se representou ante o estudantado de Educación Primaria.