Ano de publicación:
2021
Freire-Pérez, E. (2021). Infancia y Confinamiento. Prácticas Espaciales de Resistencia. Arte, Individuo y Sociedad, 33(2), 553-570. https://doi.org/10.5209/aris.69024
Este estudo presenta unha reflexión sobre a relación entre espazo, xogo e infancia e a capacidade de renovar contextos por mor dunha proposta de prácticas espaciais. O principal obxectivo consiste en identificar aquelas cuestións espaciais ligadas á experiencia do habitar na infancia que determinan espazos comunitarios de espallamento e aprendizaxe. A proposta, realizada por mor dunha experiencia persoal, xorde da observación das novas formas de ocupación do espazo doméstico habitual de dúas nenas de 3 e 5 anos trala situación de confinamento decretada en marzo de 2020 debido á pandemia do Covid-19. Nesta situación, a vivenda renóvase por mor de pequenas intervencións efémeras configuradas mediante a combinación de patróns espaciais sinxelos cas nenas e nenos manexan con soltura, proxectando lugares de protección e experimentación que responden as súas necesidades de forma instantánea. Estas prácticas de resistencia permiten cuestionar as funcións do espazo doméstico, e por extensión, do espazo urbano, poñendo en evidencia a necesidade urxente de proxectar as nosas vivendas e espazos urbanos en termos de coidado e mantemento, dende unha perspectiva feminista e comunitaria que integre a mirada e experiencia da infancia no proceso de deseño.