Ano de publicación:
2018
Editorial:
AFOE. Asociación para la Formación, el Ocio y el Empleo
ISBN:
978-84-09-00794-3
Crespo Caride, L.M., & Gillanders, C. (2018). Música y tecnología: Áreas de competencias para la formación del profesorado. En Cobos Sanchiz, D., López Meneses, E., Martín Padilla, A.H., Molina García, L., & Jaén Martínez, A. (dir. congr.), IV Congreso Virtual Internacional sobre Innovación Pedagógica y Praxis Educativa INNOVAGOGÍA 2018: libro de actas. 20, 21 y 22 de marzo 2018 (pp. 312). Sevilla: AFOE. Asociación para la Formación, el Ocio y el Empleo. https://rio.upo.es/xmlui/handle/10433/5642
A integración das tecnoloxías dixitais nas aulas do século XXI e a competencia dixital constitúen algúns dos desafíos co profesorado de todos os niveis educativos debe afrontar na actualidade. Para estar ao día dos avances tecnolóxicos que van xurdindo ou para alcanzar o mesmo nivel de expertise que demostran os estudantes é precisa unha actualización constante. Os recursos dixitais actuais permiten a elaboración de materiais multimedia motivadores en todas as áreas do currículo á vez que poden impulsar un cambio metodolóxico que propicie enfoques atractivos e dinámicos, cuxo fin último sexa a mellora da práctica docente. Esta revisión documental sinala as aportacións que realiza a tecnoloxía dixital musical, delimitando as diferentes áreas que deberían incluírse na formación do profesorado polas múltiples posibilidades que ofrecen para enriquecer os procesos de ensinanza-aprendizaxe.