Ano de publicación:
2019
Editorial:
Editorial Universidad de Alcalá
ISBN:
9788418254512
Gillanders, C., Crespo Caride, L.M., & Candisano Mera, J.A. (2019). Nuevas herramientas para la pedagogía instrumental. En Herrero Marcos, R., Casal Barroso, S., Gómez Hernández, P., & Monge López, C. (coord.), II Congreso Virtual Internacional y IV Congreso Virtual Iberoamericano sobre Recursos Educativos Innovadores CIREI 2018 (pp. 292-302). Alcalá de Henares: Editorial Universidad de Alcalá.
As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) integráronse lentamente nas prácticas docentes da pedagoxía instrumental durante as últimas década nalgúns ámbitos educativos. Esta integración segue a constituír un desafío para unha boa parte do profesorado de instrumento. Hoxe en día poden utilizarse diferentes ferramentas de gravación, software musical (en particular, editores de partituras), videoxogos, o uso de blogs ou outras plataformas para complementar o traballo realizado na aula e, tamén, durante a práctica instrumental individual do alumnado. A práctica instrumental atópase intimamente ligada á técnica e á interpretación e a súa regularidade é un requisito básico para un desenvolvemento mínimo no instrumento. Un dos aspectos fundamentais no proceso de aprendizaxe relaciónase ca motivación do alumnado. A práctica dun instrumento pode resultar, sobre todo no comezo, pouco atractiva e frustrante se non están claros os obxectivos e/ou habilidades que preténdense desenvolver a través do estudo e se non hai un acompañamento durante a mesma. Neste traballo estúdanse as posibilidades que poden brindar as TICs para apoiar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e preséntanse posíbeis liñas de actuación. En particular, sinálanse as aportacións que ofrécennos a inclusión da imaxe e da metáfora coma elementos para a mellora do estudo instrumental.