Ano de publicación:
2014
O taller de música do poxecto QvO ten sentido dende a óptica da intelixencia múltiple e dinámica, defendida entre outras pola teoría das intelixencias múltiples de Gardner, na que proponse un novo estilo de educación que busca experimentar novas sensacións que brinden ao alumnado a oportunidade de descubrir o seu potencial en relación a algunhas das intelixencias definidas por Gardner. O taller de música pretende dar saída á necesidade de adestramento de múltiples capacidades cognitivas e socioemocionais por mor dun medio diferentes, flexíbel e creativo como é a música. O noso proxecto aporta datos favorábeis á idea de ca intelixencia pode adestrarse a través dunha metodoloxía novidosa, aberta e creativa, que permita responder ás necesidades e características que presenta o alumnado de alta capacidade.