Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Ferreira-Boo, C., & Requeixo, A. (2022). (Re)creando viejas historias en nuevos formatos: una propuesta artístico-literaria. En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 69-87). Barcelona: Editorial Graó.
Defínese e caracterízase o conto marabilloso, relaciónanse os distintos tipos de reescritura e técnicas creativas para o fomento da escritura literaria, e se delimitan os conceptos de libro-obxecto e constelación literaria. Logo se describen e presentan os resultados dunha proposta didáctica realizada co alumnado da materia «Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica» do Grao de Educación Primaria na que traballáronse distintos contos marabillosos clásicos coa finalidade de identificar as súas funcións e actantes, para posteriormente efectuar varias actividades coa intención de fomentar a creatividade: identificación de semellanzas e diferenzas entre as versións de Perrault e Grimm, comparación con reescrituras de literatura infantil e xuvenil, realización dun libro-obxecto, creación dunha reescritura e elaboración dun álbum ilustrado en papel ou dixital e, finalmente, realización dunha constelación artístico-literaria sobre un dos personaxes escollidos.