O vindeiro venres 6 de maio, tres dos membros deste grupo de investigación asistirán como participantes ao VII Seminário Internacional de Investigação sobre o Livro-Objeto que terá lugar na Universidade de Aveiro. A coordinadora do grupo, Carmen Franco-Vázquez, intervirá en dous relatorios. O primeiro, compartido con Marta Neira-Rodríguez, tamén integrante de Liter21, será ás 11:30 no Panel 2, baixo o título “Unha viaxe á metaliteratura nos libro-obxecto. Tres artefactos, três possibilidades”. O segundo, “Libros dentro de libros. Metaficción en la obra de Emily Gravett”, terá lugar ás 14:30 dentro do Panel 3, xunto con Ana Vidal, graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Xa no Panel 4, a partir das 16:30, a profesora Emérita Ad Honorem Blanca-Ana Roig Rechou comparte a comunicación “Metaficcionalidade e intertextualidade en libros-obxecto en lingua galega cuxo espazo é o tropo intramuros en oposición ao extramuros” coa autora Ánxela Rodríguez Rodríguez, máis coñecida no ámbito da literatura infantil e xuvenil coma Ánxela Gracián. O seminario está organizado polo Departamento de Linguas e Culturas e o Centro de Linguas, Literatura e Culturas da Universidade de Aveiro en colaboración coa Fundação para a Ciência e a Tecnologia.
A continuación, poden verse algunhas fotografías da participación dos membros de LITER21:
O día 6 de maio, na Universidade de Aveiro, celebróuse o “VII Seminario Internacional de Investigação sobre o Livro-Objeto: metaficção, hibridismo e intertextualidade”. Neste evento participaron as profesoras do grupo de investigación Blanca-Ana Roig Rechou, Carmen Franco-Vázquez e Marta Neira-Rodríguez. O próximo ano 2023 o VIII Seminario Internacional sobre Libro-Obxecto tera lugar na Universidade de Santiago de Compostela e estará organizado polo grupo LITER21.