Ano de publicación:
2014
Franco-Vázquez, C., & Gillanders, C. (2014). Exploring innovative and creative ways of teaching. Multidisciplinary Journal for Education, Social and Technological Sciences, 1(2), 53–69. https://doi.org/10.4995/muse.2014.2228
Ca intención de brindar un punto de partida para reflexionar sobre ambos aspectos nos ca materia Innovación Docente e Introdución á Investigación Educativa nas Artes do master en Docencia en Secundaria desintégrase e fusiónase, creamos unha situación, entendida como un entorno de aprendizaxe, que busca amosarnos como reaccionamos ante unha situación diferente á esperada. Por iso xogamos ca idea de algo en construción, algo que aínda envólvese en papel branco: mesas mal colocadas; cadeiras sobre mesas; papeis que cobren cadeiras e mesas, ou partes da aula… E neste escenario, proxectáronse algúns vídeos que falaban de aulas, do presente e do pasado, de diversas experiencias artísticas. Confusión, sorpresa, pero pouco a pouco comeza unha discusión. E a partires das reflexións plantexadas, o intercambio de opinións e relacionando a materia con outras materias do master, en particular ca Aprendizaxe e a Ensinanza da Arte, comezamos a afondar no significado de diversos conceptos relacionados ca docencia e a investigación por medio de proxectos realizados en grupo e dende diferentes enfoques. O propósito foi ofrecer un espazo para experimentar a través da acción, coñecer as nosas ideas previas e como abordar aos diferentes paradigmas de investigación.