Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Franco-Vázquez, C. (2022). Arte, escultura y género. En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 89-101). Barcelona: Editorial Graó.
É habitual que os proxectos de educación artística teñan un compoñente importante de interdisciplinariedade. Os proxectos que propoñemos ao noso alumnado, na súa etapa de formación coma mestres, baséanse nos procesos de creación artística, partindo da idea xeneralizada –e certa– de ca produción dos artistas xorde da realidade e das súas vivencias persoais. Por esta razón, a proposta que imos a expor tamén se apoia en diferentes disciplinas, xirando ao redor dun poliedro con varias facetas e moitas arestas. De aí que nel entrelácense a escultura, a historia da arte, a conciencia medioambiental, a visibilidade das mulleres artistas, a perspectiva de xénero e a educación.