Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Freire Pérez, E.L., Cidrás Robles, S., & Blanco Mosquera, V. (2022). Proyectar escenarios de acción. Hacia una creatividad compartida. En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 103-116). Barcelona: Editorial Graó.
Contra a pasividade, a limitación e a rixidez que supón a estrita aplicación do currículo oficial nas escolas e outros ámbitos non formais da educación, o noso deber como docentes é presentar alternativas e soportes de acción que promovan a autoconstrución dun aprendizaxe activo, transformador e crítico. A imposición desta pasividade metodolóxica implica traballar sobre unha realidade parcial que nada ten que ver ca realidade cotiá do aprendizaxe baseado na experiencia. Esta pasividade queda reflexada tamén nos lugares de desenvolvemento do aprendizaxe, reducidos considerabelmente ao espazo propia da aula. É practicamente imposíbel levar a cabo unha experiencia procesual, participativa e común nun espazo estandarizado, xerarquizado e igualmente parcializado. Este capítulo céntrase na análise da capacidade transformadora do espazo autoproxectado a partires de diferentes referentes e experiencias baseadas na configuración de novos lugares de experimentación e aprendizaxe colectivo.