Ano de publicación:
2016
G-Pedreira, R. (2016). Caracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil. Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, (3), 33-45. https://doi.org/10.15304/elos.3.3023
Na actualidade, aínda se fai difícil concretar o alcance do termo literatura fantástica. Por outra banda, o mesmo apelativo fai referencia a obras moi diferenciadas no caso da literatura para adultos e no da literatura para os máis novos. A presencia do fantástico neste último grupo ten unha orixe distinta, e significa para os seus receptores a posibilidade de entrar en contacto con lecturas que reflicten a súa forma de entender o mundo. No presente traballo argumentarase a necesidade e validez do fantástico na Literatura Infantil e Xuvenil ao mesmo tempo que se determinarán as formas que adopta o xénero ao que fai referencia.