Ano de publicación:
2016
Requeixo, A. (2016). Cunqueiro en “El Pueblo Gallego”. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 19, 181-188. https://doi.org/10.5209/MADR.53995
O presente artigo describe e analiza as colaboracións de Álvaro Cunqueiro no xornal vigués El Pueblo Gallego antes do estourido da Guerra Civil. Preséntanse todos os textos publicados neste medio, clasifícanse tipoloxicamente e, por último, saliéntanse de entre estes os de temática mindoniense, dos cales se reproduce unha escolma. Cómpre salientar que, entre todas as aparicións de Cunqueiro en publicacións periódicas da Preguerra, a máis importante, tanto polo número de colaboracións coma pola súa extensión no tempo, é a que mantivo co xornal El Pueblo Gallego, onde deu a coñecer entre mediados de 1933 e o comezo da Guerra Civil en xullo de 1936 máis de medio cento de textos.