Ano de publicación:
2016
Franco-Vázquez, C., Mesías-Lema, J. M., & Agra Pardiñas, M. J. (2016). ’Debuxando palabras’: perspectiva histórica da ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia, 1927-2007. Elos: Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, (3), 53-76. https://doi.org/10.15304/elos.3.3516
No seguinte estudo trataremos de ofrecer unha análise desde o punto de vista plástico, compositivo e estético das imaxes que forman parte dos libros ilustrados entre 1927-2010. Así mesmo, falaremos das particularidades da ilustración en cada unha das seguintes etapas:1927-1936: Os artistas plásticos galegos, precursores da ilustración; 1950-1980: Editorial Galaxia, unha porta aberta á ilustración; 1980-1998: Do asentamento da ilustración á emerxencia editorial de Kalandraka; e, finalmente, 1998-2010: Da aparición de Kalandraka ao “boom” da ilustración dos primeiros anos do século XXI. A última parte deste estudo analiza polo miúdo tres libros seleccionados de tres ilustradores galegos dos nosos días.