Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Calviño-Santos, G., & Vilariño Manteiga, I. (2022). «Las sillas-cuento». Arte conceptual y alfabetización en educación infantil. En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 17-33). Barcelona: Editorial Graó.
Pode unha obra de arte conceptual servir como catalizadora dun proxecto de mellora das competencias en lectoescritura no segundo ciclo de educación infantil? Esta é a proposta levada a cabo nun Centro Rural Agrupado (CRA) situado preto da cidade da Coruña. No texto xustifícase e descríbese o proceso de aprendizaxe, que xerou unha grande expectativa na comunidade educativa do centro.
Durante as cinco fases do proxecto introdúcense progresivamente as bases dunha experiencia de aprendizaxe baseado na arte que ofrece oportunidades ao alumnado para a creación, a imaxinación e o coñecemento. Por outra banda, «Las sillas-cuento» serve para romper ca identificación tradicional da arte na infancia exclusivamente co debuxo, en especial o debuxo narrativo ou representativo da realidade. Neste caso, son outras manifestacións as que actúan coma ligazóns do proxecto: o xogo, a narración, o pictograma, a fotografía ou a instalación.