Ano de publicación:
2017
Lorenzo-Otero, J.L. (2017). Literatura, cine, videojuego y cómic: la transmedialidad en The Warriors. Fotocinema. Revista Científica De Cine Y Fotografía, (14), 255-273. https://doi.org/10.24310/Fotocinema.2017.v0i14.3601
Na sociedade actual, o concepto de transmedialidade proposto por Henry Jenkins é unha constante en calquera medio narrativo, creando unha comunicación persistente entre soportes e ampliando a inmersión nos mundos de ficción que propoñen. Nesta tesitura sobresae a aparición do videoxogo e a súa posibilidade de aumentar a inmersión nos mundos propostos no propio e diferentes soportes, permitindo unha maior inmersión na obra narrativa. Este artigo ten por obxectivo analizar os procesos de transmedialidade e intermedialidade presentes no videoxogo The Warriors (2005), da compañía Rockstar Games, e como nel se presenta e expande o universo desenvolvido por Sol Yurik na súa novela homónima en 1965 e plasmada en imaxes pola adaptación cinematográfica dirixida por Walter Hill en 1979, sen esquecerse da súa continuación en viñetas publicada por Dynamite Comics en 2012. Con isto preténdese observar como o medio videolúdico preséntase coma un elemento vehicular que axuda a organizar unha experiencia intermedial claramente contemporánea, á vez que intensifica a inmersión narrativa nese mundo ficticio.