Ano de publicación:
2017
G-Pedreira, R. (2017). Teatro, Infancia e Escola: reflexións sobre o xénero dramático na Literatura infantil. Elos: Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, (4), 93-107. https://doi.org/10.15304/elos.4.4081
Teatro e infancia manteñen unha relación moi sólida e produtiva dende que o público infantil se asentou como un posible destinatario específico destas obras. O teatro infantil estivo relacionado dende os seus inicios coa institución escolar, posto que destacou, especialmente, polo seu potencial como ferramenta didáctica para a transmisión de coñecementos e valores. Non obstante, ao igual que para o conxunto da literatura, o valor estético é o seu principal requisito, o que parece dificultarse para os escritores de obras dirixidas aos máis novos pola presión social sobre o que deben dicir, ensinar ou transmitir. No artigo realizarase unha aproximación ao termo teatro infantil achegando datos que permitan definilo e determinar o seu alcance, a súa evolución no territorio español e defenderase a posibilidade de recepción do xénero non só como espectáculo, tamén como texto de lectura.