Ano de publicación:
2021
Casal de la Fuente, L., & Gillanders, C. (2021). Songs and singing songs in early childhood education: A review of Spanish curriculum policy. Curriculum Journal, (0), 1-17. https://doi.org/10.1002/curj.134
Este artigo ten como obxectivo explorar a política curricular española relacionada ca canción na educación infantil. Mediante un análise documental, revisáronse as indicacións dos diferentes gobernos estatais. O canto e as cancións inclúense nos documentos oficiais como contido curricular, como ferramenta pedagóxica para abordar os contidos curriculares e como unha actividade que axuda a promover o desenvolvemento persoal e social. No primeiro caso, o canto asóciase aos valores interpretativos, estéticos ou artísticos a potenciar na primeira infancia; no segundo caso, as cancións identifícanse como un medio para abordar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e como unha forma de coñecer mellor á cultura; e por último, como unha actividade que pode axudar a fortalecer á cohesión grupal, ás relacións interpersoais e ao sentido de pertinencia a unha comunidade. As achegas do presente estudo suxiren ca canción tense que ter en conta coma un medio educativo valioso no plan de estudos da primeira infancia. Necesítanse máis estudos para analizar como abórdase o canto na formación do profesorado e como intégrase nas prácticas diarias dos profesores.