Ano de publicación:
2018
Freire, E. (2018). Casas-Mapa. Espazos da Memoria. Elos: Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, (5). https://doi.org/10.15304/elos.5.4261
Este estudo quere falar da influencia que sobre nós teñen os espazos nos que desenvolvemos a nosa actividade diaria e do potencial narrativo-educativo da nosa contorna. Casas-mapa fai referencia a aqueles espazos que conforman a nosa propia identidade, fala da alma do lugar, das transformacións do noso locus. A poesía ilustrada de Versos como una Casa, a narrativa poética de Casas, as palabras-imaxe de Hay casas e as historias de vida de La casa de los Cubos son algunhas das referencias de álbumes ilustrados nas que os espazos e os lugares da memoria son os fíos condutores da trama principal. Os espazos preséntanse pois como recursos artísticos e educativos de primeira orde ligados á construción da identidade propia. Este traballo quere profundizar na estrutura e análise do álbum ilustrado como medio e ferramenta para a configuración de cartografías persoais a partir dunha metodoloxía de desenvolvemento de procesos artísticos e dunha Investigación inicial Baseada nas Artes e nas Comunidades de Aprendizaxe.