Ano de publicación:
2018
Gillanders, C., Tojeiro Pérez, L., & Casal de la Fuente, L. (2018). Sonorizando cuentos infantiles. Elos: Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, (5). https://doi.org/10.15304/elos.5.5253
A sonorización de textos proponse como unha ferramenta eficaz para estimular a educación da atención e da escoita á vez que se fomenta o desenvolvemento das habilidades musicais. Tamén pode desenvolver aspectos motores se se engade movemento á representación. Sonorizar implica representar con son (ou música) o que se narra (contos/situacións), se ve (imaxes) ou se sente (emocións/sentimentos). A pesares dos numerosos exemplos de contos musicais e/ou musicados que poden atoparse na actualidade, a sonorización de contos non é unha actividade frecuente que se realice na educación obrigatoria, tanto en infantil como en primaria. Na investigación que se describe, a maioría do alumnado universitario da titulación de Grao en Mestra/e de Educación Primaria sinala que non coñece nin tivo ningunha experiencia neste tipo de actividade. O futuro profesorado valorou positivamente a participación no proxecto de sonorización dun conto relacionado coa temática ambiental e salienta a importancia da súa implementación no ámbito educativo.