Ano de publicación:
2018
Gillanders, C., & Franco-Vázquez, C. (2018). Towards the inclusion of a gender perspective in arts projects: a case study in secondary teacher training. Gender and Education, 32 (6), 767-783. https://doi.org/10.1080/09540253.2018.1513455
Este caso de estudo revisa o impacto do deseño e a implementación de proxectos artísticos na formación do profesorado de secundaria que pretenden introducir unha perspectiva de xénero. Os estudantes traballan coma un grupo artístico onde cada individuo contribúe dende o seu campo de coñecemento. Os profesores do curso propoñen un desafío inicial e proporcionan un seguimento durante todo o proceso ofrecendo asistencia e documentación cando sexa requirido. A investigación permitiunos coñecer o grao de aceptación e uso futuro da aprendizaxe baseada en proxectos nas actividades profesionais dos nosos estudantes. O compromiso persoal cos proxectos pode mellorarse experimentando proxectos directamente durante o estudo do curso.