Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Cortizas Varela, O. (2022). «Exposición escondida: exposición para ollos expertos». En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 53-68). Barcelona: Editorial Graó.
Neste documento comparto a proposta didáctica «Exposición escondida: exposición para ollos expertos», unha actividade enmarcada dentro da materia de «Educación visual e plástica II: Procesos e proxectos artísticos», do Grao de Mestre/a de Educación Primaria, que comprometía ao alumnado nunha investigación profunda centrada no seu contexto próximo para o deseño e creación de intervencións artísticas no espazo. O proxecto contemplaba como última acción unha exposición colectiva e deslocalizada no marco local.
Este texto recolle tamén o traballo de artistas que permiten contextualizar a proposta e que á vez axudan a despregar novas posibilidades de activación. A revisión reflexionada da súa implementación busca converterse en acicate xerador de novas posibilidades que retomen, melloren ou adapten esta experiencia educativa a outras realidades.